Esta actividade artística está dirixida ás persoas que lles guste a decoración, a costura, as manualidades con certa desteza manual.
Os atrapasoños teñen como fin último atrapar os malos soños para que desaparezan e reter os bos para que permanezan. Logo dun ano de convivir co virus covid 19, para o que algúns foi un “mal soño” e/ou pesadelo quixemos realizar unha actividade que de maneira metafórica fixese que espantemos as malas enerxías e atraiamos as positivas como di a lenda dos indios objiwa o aro representa a roda da vida e a rede ou malla os soños ou anhelos que texemos mentres dormimos; os malos soños quedan atrapados na rede e disolvense polo vacio cando amence. Os soños positivos discurren por a rede e as plumas ata chegar a nós.
Na actualidade mais alá das lendas úsanse como elemento decorativo.
Os obxectivos desta actividade son o de transmitir enerxia positiva a través de un “amuleto” co se reafirma a autoestima da realización de un adorno vistoso e con unha lenda detrás do que finalmente se realiza; traballamos a psicomotricidade fina e a atención, así como pasamos un momento agradable e de distensión en grupo, que ainda coa separación de seguridade traballamos xuntos.
Como se elabora?
Os materiais necesarios son: bastidores de madeira, rolos de trapillo, fieltro, contas e abalorios, lá, pistola de silicona, silicona.
Comezaremos cortando trozos de trapillo para logo envolver o aro do bastidor con el. Unha vez feito esto, crearemos a rede do centro, facendo un hexágono, despois na metade de cada lado do hexágono, metemos a punta do trozo de tela e dámoslle medio nudo e así ata faer coma unha tela de araña deixando un oco no centro. Despois coratamos tiras de tela que se colocarán no que sexa a base do atrapasoños. Realizamos follas con lá e flores e volvoretas de fieltro que utilizaremos xunto as contas e abalorios para decorar o atrapasoños pegándoas con silicona.