
Nesta actividade proponse a creación de unha fogueira como elemento decorativo ou simbólico no caso de non poder realizar unha fogueira real.
O obxectivo desta actividade é que a persoa poida elaborar unha fogueira favorecendo a orientación temporal, as capacidades manipulativas e fomentar o sentimento de produtividade.
Os materiais que se necesitan son:
- Copia de follas en branco e negro para recortar (atopámolas en Google)
- Tesoiras
- Cartolina laranxa e amarela
- Lapis
- Pegamento
- Papel de periódico
- Pintura marrón
- Pincel
- Fío
Na imaxe que acompaña a actividade poden verse os diferentes pasos para crear unha fogueira caseira!