Botellas sensoriais dende o Centro de día de Cambados

Esta actividade está pensada para ser levada a cabo polo persoal técnico e xerocultor dos centros, e está enfocada ás persoas con deterioro cognitivo grave.
Con esta actividade trabállanse os transtornos conductuais, relacionados en moitos casos coa demencia.

Para realizala é necesario contar cos seguintes elementos:

  • Botellas lisas de 500 ml
  • Auga
  • Aceite (preferentemente sen cor)
  • Xel de moldeado do cabelo (opcional)
  • Pegamento líquido (opcional)
  • Colorante para auga (opcional)
  • Colorante para aceite (opcional)
  • Elementos decorativos: purpurina, abalorios, pedras, elementos da natureza coma pétalos ou plumas, etc.
  • Pistola de silicona quente// adhesivo forte

Esta actividade consiste na realización de botellas con elementos no seu interior, que a través do movemento dos devanditos elementos, fomenta a tranquilidade e estimula a atención das persoas usuarias con deterioro cognitivo grave. Estas poden realizarse con obxectos relacionados co seu día a día, como millo, flores ou fabas, ou realizarse con purpurina e xel (entre outros) para crear un movemento fluído que favoreza a calma (botellas da calma). É importante que se usen sempre con supervisión, e asegurando a tapa para evitar fugas ou posibles inxestións accidentais.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.