Recordando historia dende o Centro de día de VIGO-VALADARES

Nesta entrada do blogue presentamos dous vídeos para traballar a memoria recente e a linguaxe coas persoas usuarias dos centros de día do CGSIB. O vídeo dispón de información escrita así como dun “audio” que vai narrando o que aparece, polo que non é preciso ter a capacidade de lectura nin agudeza visual para realizala con éxito.

O procedemento para facer esta actividade de psicoestimulación é o seguinte: na pantalla irán aparecendo unha serie de historias curtas das cales debemos tratar de memorizar todos aqueles datos que poidamos. Despois aparecerán varias preguntas relacionadas coa historia que acabamos de ler, as cales temos que responder. Aquelas persoas que o desexen poden responder de forma escrita, así tamén traballaremos esta capacidade.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.