O día do Libro celébrase a nivel mundial cada 23 de abril. É unha celebración impulsada pola UNESCO co fin de promover a lectura e protexer os dereitos de autor. A data foi escollida porque curiosamente conmemora o falecemento de dous grandes escritores da humanidade: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Este ano, tivemos a oportunidade de conseguir dúas versións en lectura fácil das súas obras máis coñecidas.
Por un lado, Don Quijote de la Mancha (o máis vendido da historia con máis de 500 millóns de copias )
Por outro lado, Romeo y Julieta.
Quedamos prendados de estes libros e quixemos indagar máis sobre curiosidades de este día tan especial, descubrindo as seguintes.
- Estímase que o desenrolo da escritura ocorreu entre o ano 4000 antes de Cristo. O primeiro soporte utilizado era pedras, táboass de madeira, osos, etc.
- Na Mesopotamia, usábanse tabletas de arxila cando estaba húmidas e logo deixábanse secar ao carón do lume.
- No antigo Exipto procesouse a planta de papiro dando lugar a rolos de ata 40 metros de longo.
- O papel inventouse en china.
- A produción de libros comezou na antiga Grecia. Hacia finais do século IV, roma contaba cunhas 28 bibliotecas. Os monasterios convertéronse en centros de conservación de varios textos da antigüidade. Alí os monxes se dedicaban á lectura e facían copias de algunhas obras importantes. Pero tamén borraban textos antigos para escribir novas palabras nos rolos.
- Gutenberg inventou a imprenta no ano 1440, baixando o costo dos mesmos. Os anteriores ao ano 1501 son chamados incunables (unhos 30.000 considerados da primeira infancia)
- O primeiro libro en braille foi creado en 1829
- O libro máis caro da historia foi vendido a Bill Gates por 49.8 millóns de dolares e contén textos e debuxos de Leonardo Da Vinci
- A biblia tamén é un dos libros máis vendidos
- Bibliosmia é o amor polo olor que desprenden os libros vellos.
Pero ademáis de curiosar para adquirir novos aprendizaxes, tamén quixemos compartir os nosos libros favoritos escritos en galego. Aquí tedes unha listaxe que vos animamos a conseguir.
OS NOSOS TRES FAVORITOS
1. Eu son Elvira
2. Chamádeme Simbad
3. Memorias dun neno Labrego
DESCARGABLES
1. Eu non canto por cantar
2- 100 mulleres galegas
OUTROS
1- Os refráns na fala popular galega
2- Arrolos, Trabalinguas, Adiviñas e Oracións
3- As sortes, cantigas e xogos
4- 365 ditos e expresións da Fala Popular galega
5- O que contan os maiores
6- Contos con filosofía
7- A fala dos Brañegos
8- A cultura popular de tradición oral nos centros da Terceira Idade
9. Contos populares da provincia de Lugo
10. Caderno de estudios chairegos
3