Con motivo do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, dende o centro de día de Tomiño achégase unha proposta de actividade en formato de vídeo, creado xunto cos maiores do centro para promover as relacións interxeracionais e a lectura a través do conto “Abuelos, pirañas y otras historias” de Rocío Bonilla, adaptado ao galego. Trátase dunha historia que ensalza a figura dos avós e avoas e a relación a menudo tan estreita que se soe dar entre éstes e os máis cativos da casa.
Ao longo das ilustracións do conto e das verbas das persoas que o relatan, vanse sinalando os diferentes roles que os avós e avoas soen ocupar na vida dos nenos e nenas e cómo estas vivencias chegan a pasar dunhas xeracións a outras.
Animádevos a votar unha ollada!
Dende o centro de día de Tomiño presentamos a nosa proposta de lectura para o día do libro: “Avós, pirañas e outras historias”.
Fálanos da relación dos avós e os netos.
Hai avós ós que lles gusta contar cousas de cando eran nenos.
Outros con moita enerxía que xogan cos netos cun barco pirata e escapan xuntos dun milleiro de pirañas.
Algúns avós preparaban ós netos e para que estivesen quentiños preparaban na estufa os pixamas para que durmisen quentiños.
Aqueles que aínda que xa xubilados, contan cun pequeno taller na casa e que ensinan ós netos como facer casiñas de madeira.
Bisavós que tecen gorriños ós netos.
Avós e avoas que sempre estarán presentes.
E cando eses netos medren, quizá sexan eles os que ensinen ós cativos a escapar dun milleiro de pirañas.
Fonte da música: Warm Memories (licencia libre)
Fonte das ilustracións: Algar editorial (previa solicitude e aprobación da autorización por parte da editorial)
Editor de vídeo: Movavi Video Suite
9