Dende o CAPM de Tomiño traemos unha labor para este tempo de frío que todavía nos queda, trátase de como facer un gorro de la.
Ante a dificultade que para algunhas persoas pode supoñer o manexo das agullas de tecer, neste vídeo ofrecémosvos unha alternativa, o uso dun tear para facer un gorro de la. Con este elemento de traballo facilitaremos o manexo da labor, a par de axilizala.
Lola, persoa usuaria do centro de día, vainos ir explicando paso a paso como debemos ir facendo o traballo có tear, dunha maneira sinxela e visual.
Con esta actividade tradicional adaptada, que pode ser moi significativa para o maior, buscamos unha maneira moi boa para traballar a motricidade fina das mans e o carácter mecánico e repetitivo da tarefa, axudaranos tamén a traballar a atención sostida; así como o remate da labor fomentará un sentimento de valía no maior e reforzo da súa autoestima.
Animádevos e poñede esas mans a funcionar!
Música libre purple-planet music (soul train – phoenix Rising – legendary – my personal journey)
0