Dende o CAPM de Mondariz nos propoñen esta manualidade tan vistosa e sinxela, a idea xurdiu como unha actividade de cara á comunidade para conmemorar o día do amor, no que se puxeron mans a obra e realizaron uns adornos de San Valentín para expoñer nos escaparates da vila de Mondariz, pero esta manualidade tamén pode ser un bonito agasallo para celebrar aniversarios ou outras datas sinaladas. Esta actividade vai dirixida a calquera persoa que lle guste o traballo manual xa que traballaremos varios aspectos: As capacidades manipulativas e de expresión artística. Favorecer a coordinación ollo-man. Ocupar o tempo libre dunha forma lúdica e educativa. So precisamos cartulina, tesoiras, papel de seda ou similar, pegamento, pau de madeira tipo “brochetas”, pistola de silicona e anacos pequenos de madeira para a base (pódese sustituir por calquera outro material que suxeite os corazóns). É unha actividade entretida e decorativa. Pódese facer tanto na casa como nos centros, cos nenos/as, cos maiores… incluso de modo colaborativo entre netos/as e avós/as xa que pode ser unha boa proposta. A continuación explicamos como se leva a cabo a actividade: Comezaremos recortando cunha plantilla dous corazóns de dous tamaños diferentes en diferentes cartolinas (branca e marrón). Imos riscando ou recortando anacos pequenos de papel de seda vermello. A continuación pegaremos os anacos de papel de seda nos corazóns grandes e a este lle pegaramos o corazón pequeno. Finalmente porémoslle un pau de madeira e colocaremos sobre unha base de madeira ou semellante. A música do vídeo é libre: Night Out – LiQWYD (NO COPYRIGHT MUSIC) |