Escoller os momentos axeitados para ir ao baño ou estar dentro deste e ter que realizar as tarefas que esta actividade implica, ás veces pode ser toda unha aventura. Por iso, decidimos achegarvos unha serie de recomendacións para que isto resulte moito máis doado.
É importante manter unha serie de rutinas ao longo do noso día a día, e iso inclúe cando usar o baño. O mellor momento sempre é cando teñamos a necesidade de usalo; pero cando nos atopamos con persoas cun deterioro cognitivo que lles impide coñecer cando teñen ou non gañas de ir ao baño ou manifestalo dalgún xeito entendible para nós, teremos que seguir unha serie de pasos distintos.
- É importante fixarse e detectar cambios no comportamento. Pode ser que o noso familiar mude a súa expresión facial ou que se toque moito a barriga ou cu cando teña gañas de ouriñar ou defecar. Para outras persoas pode ser que esa presión resulte como unha descarga de agresividade a través de berros, intentos de agresión ou mesmo unha agresión en si. Neste caso é moi importante ter presente que se presentan un deterioro cognitivo non son donos das súas accións e é a mellor forma de manifestar esa necesidade de ir ao baño que atoparon.
- Pode darse o caso de que non mostren un cambio perceptible para nós. Neste caso o mellor e marcar unha frecuencia de baño e ser o máis rutinario posible. No Centro normalmente acoden ao baño despois de cada inxesta (almorzo, media mañá, xantar e merenda) e, nos casos de maior frecuencia na micción, acoden cada 2h aproximadamente.
- No caso de que sexan persoas que non controlan os seus esfínteres, é dicir, non saben cando teñen gañas de ouriñar ou defecar, empregarán algún tipo de absorbente. Esto pode ser un quebrade de cabezas para moitas familias. Dende o Centro asesoramos sobre o absorbente máis axeitado en cada caso, pero vos deixamos aquí unha pequena guía.
CAPACIDADE | TIPO | TALLA | ABSORCIÓN | COBERTURA SANITARIA |
Uso de día. | Compresa | Única | Goteo (200-300ml) | NON |
Uso de día. Uso de noite. Uso de supernoite. | Compresa rectangular | Única | Día (>600ml) Noite (900-1200ml) Supernoite (>1200ml) | SI |
CAPACIDADE | TIPO | TALLA | ABSORCIÓN | COBERTURA SANITARIA |
Uso de día. Uso de noite. Uso de supernoite. | Cueiro anatómico | Única | Día (>600ml) Noite (900-1200ml) Supernoite (>1200ml) | SI |
Uso de día. Uso de noite. Uso de supernoite. | Cueiro anatómico-elástico (Braga-pañal) | Pequeña (50-80cm) Mediana (80-125cm) Grande (100-140cm) **Poden variar segundo a marca | Día (>600ml) Noite (900-1200ml) Supernoite (>1200ml) | SI |
- En calquera dos casos, empreguen ou non cueiro, é importante asegurarnos de que se limpan e asean ben, especialmente nestes momentos onde a hixiene é tan importante para evitar o contaxio do famoso COVID-19. Para iso teremos o seguinte presente:
- Asegurarnos de que a persoa á que coidamos se limpe axeitadamente despois de miccionar ou defecar. Se temos que limpalo nós, asegurarnos de empregar luvas.
- Se empregan cueiro, utilizar unha crema hidratante para evitar o roce do cueiro e posibles irritacións da pel.
- Lavar as mans, tanto da persoa se se limpa por si mesma, coma as nosas aínda que empreguemos luvas. Asegurarnos de que limpamos ben entre os dedos, as xemas e o dorso.
En caso de que a frecuencia coa que acode ao baño non sexa de, polo menos, dúas veces ao día para miccionar e unha vez ao día para defecar, consultaremos cun especialista sanitario que nos aconsellará en relación con isto. Pode darse o caso dunha persoa que acuda con menor frecuencia debido aos ritmos diarios que teñan (menor inxesta na comida ou bebida, ritmo de vida moi sedentario, etc).
É fundamental ter uns hábitos estables en relación coas actividades diarias e, en relación có uso do baño, maior aínda se cabe porque pode ser síntoma dalgunha outra enfermidade que poidamos ter. Sempre deberemos fixarnos na cor, no olor ou, no caso da defecación, da consistencia, porque iso nos axudará a detectar unha posible infección ou trastorno da saúde.
Bibliografía
- Álvarez J, Caamaño M, Campos I et al. Guía de bo uso de absorbentes de incontinencia urina [Internet]. Santiago de Compostela: Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios, Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia;2007 [marzo 2021]. Dispoñible en: https://www.sergas.es/gal/publicaciones/Docs/Farmacia/PDF4-81.pdf