A nosa historia vital: as nosas perdas, os noso logros, as nosas crenzas, as vivencias, a xente que tivemos e que perdemos… todo isto é o que nos fai ser nós, ser diferentes, auténticos e inimitables.
Na sociedade actual hai unha visión reducionista e facer como si todas as persoas ao chegar a unha idade avanzada fosen iguales. Como si por ter o pelo branco e arrugas na cara iso fixera que tiveran os mesmos gustos, os mesmos anhelos e deixaran de ser persoas únicas e inimitables.
As xerontólogas que traballamos nos centros sabemos que isto non pode estar máis lonxe da verdade. Sabemos que cada persoa coa que traballamos é diferente e diferentes deben ser os xeitos de arrimarnos a elas e de chegarlles coas nosas propostas de actividades e fórmulas terapéuticas.
Esta pode ser unha das partes máis complexas do noso traballo e non sería posible sen unha ferramenta que nós consideramos imprescindible: a historia de vida.
A historia de vida non é só un compendio de persoas e lugares senon aquelas cousas máis sutiles como poden ser os seus gustos musicais e aqueles recordos que lles traen diferentes melodías. Hai pouco converteuse en viral un vídeo compartido pola Asociación Música para Despertar no que se podía ver a Dna. Marta C. González e a súa emocionante reacción ao escoitar a música de O Lago dos Cisnes coa que tantas veces ela bailara na súa etapa como primera ballerina no Ballet de Nova York. Coñecer a historia vital desta persoa e a importancia da música para ela é o que fai posible a utilización desta con fins terapéuticos.
https://cadenaser.com/ser/2020/11/09/sociedad/1604913637_418490.html
Outro exemplo igual de emocionante que o anterior pode verse aquí:
No que se pode ver novamente a importancia da música para D. Hermann Schreiber que a pesar de padecer Alzhéimer tocar a harmónica segue a ser moi significativo e emocionante para el.
Para outras persoas pode que non fora a música algo importante na súa vida e teñan outras vivencias relacionadas coas súas crenzas relixiosas e para as que rezar un rosario sexa unha experiencia importante e terapéutica. Para outras pode ser importante o seu activismo político e ler relatos ou escoitar discursos pode ser emocionante.
Podemos poñer tantos exemplos como persoas coñecemos nos centros. O importante será coñecer a historia vital de cada persoa, de ser posible contada por ela mesma. Aínda que sabemos que isto ás veces non é posible debido a diferentes enfermidades neurolóxicas que poden ter as persoas cando chegan aos centro. E será aí onde teremos que facer de investigadores coa familia para recadar eses datos que eles xa non nos poden dar.
A historia de vida dunha persoa usuaria é un documento vivo que se debe seguir ampliando no tempo segundo vaiamos coñecendo máis cousas desa persoa. E para isto deberemos, como profesionais ser capaces de crear a atmosfera axeitada para que unha persoa poida expresarse.
Moitas veces non ten porque ser máis que aproveitar un tema de conversa que sae espontaneamente, e outras deberemos afrontar temas delicados dos que é difícil falar proporcionando oídos ao que a persoa queira contar.
Elaborar a historia dunha vida completa podería levarnos anos, xa que non poderá ser feita nunha tarde facendo unha batería de preguntas. Non consiste en coñecer nomes de familiares e lugares onde viviu, senón de coñecer as vivencias propias referidas a esas persoas, ás lembranzas deses
lugares e o que estas cousas significaron para ela. E non debe mirar só ao pasado senón tamén ao futuro e ser coñecedores dos obxectivos vitais que se teñen, da perspectiva da propia vida e do que agarda da mesma, dos desexos e dos anhelos.Presentamos aquí un modelo documental de historia de vida que utilizamos nos centros de atención a persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e que está incluído nas Guías Metodolóxicas de Actuación, revisión 5, xaneiro de 2019.