Felicitacións de San Valentín dende o Centro de día de Cambados

Dende o CAPM de Cambados achégannos esta actividade ideal para participar en familia, especialmente para facelas colaborando entre as persoas maiores e as máis novas dos nosos fogares.

A través da creación de tarxetas de San Valentín búscase fomentar as relacións entre as persoas maiores e a súa contorna, así como o estimular a orientación temporal.

Para realizar esta actividade é necesario contar cos seguintes materiais:

– PDF con patróns.

– Tesoiras.

– Cartolinas de cores.

– Elementos decorativos.

Pasos a seguir para a elaboración das Tarxetas de San Valentin:

  • Para comezar, imprimirase o patrón nun folio ou cartolina de cor a elixir.
  • A continuación, indicarase, de ser o caso, á persoa que recorte polas liñas de puntos.
  • Unha vez cortadas as liñas de puntos, a persoa montará a tarxeta de forma que lle quede en varias alturas.
  • Posteriormente, pasará a decorala como prefira, e escribir nela aquelo que queiran transmitir á persoa á que lle vaia dar a felicitación.
  • Finalmente, engadimos un paso final: tamén con cartolina diseñaremos un sobre coa forma e decoración ao gusto da persoa que elabora a tarxeta de felicitación.

Para a elaboración das tarxetas precisaremos un amplo tempo de elaboración, puidendo facelas con semanas de antelación noutros centros de día ou con días de antelación nas nosas casas. Finalmente o 14 de febreiro, para disfrutar desta festa axeitadamente entregaráselles as cartas ás persoas ás que se lles adicaron.

A continuación mostramos un exemplo de felicitación e un modelo a seguir

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.