A palabra do ano 2020… cal sería para vos?

Como todos os anos os magos nos traen agasallos, pero este ano dende o Blog O Centro de día na casa, pedímoslle un saco de afouteza para afrontar todos os desafíos que nel se nos presenten.

Que quere dicir esta palabra? estaredes pensando moitos

A nosa lingua ten moitas palabras interesantes e fermosas que as veces deixamos en desuso, un exemplo nolo deixou o Club de fútbol Celta alá polo ano 2017, que para animar o seu equipo e seguidores lembroulles que tiñan que encherse de AFOUTEZA. Esta palabra ven do verbo latino “favere”, que significa “favorecer” o “protexer”, os romanos usábano para referirse os favores e á benevolencia dos deuses cos mortais. É a disposición de quen actúa sen temor ante as dificultades e perigos, seguridade nun mesmo e valentía, ousadía, valor e decisión ante as adversidades . Foi a palabra galega do ano 2017

https://www.marca.com/futbol/celta/2017/12/28/5a44c6cce5fdea366c8b4670.html

E agora que vos parece ve vos nos agasallades deixándonos un comentario, de cal sería a vosa palabra galega do ano 2020?

https://www.20minutos.es/noticia/4514915/0/gromo-mascara-pandemia-vacina-seteiro-y-nos-candidatas-a-convertirse-en-palabra-do-ano-de-la-rag/?autoref=true

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.