Esta actividade vai dirixida a todo o grupo de persoas usuarias do centro de día. Realizaranse as adaptación que sexan necesarias para que todas as persoas usuarias que desexen participar poidan facelo e crearanse grupos de traballo para repartir as tarefas.
O obxectivo desta actividade é fomentar a orientación temporal a redor do Nadal, ao mesmo tempo que se crea bo ambiente no centro e se fomenta a produtividade das persoas usuarias.
Para realizar esta actividade é necesario contar cos seguintes elementos:
- PDF con láminas
- Material funxible (ceras, lapis de cores, témperas e tesoiras).
- Cartolina verde
Esta actividade trátase da creación de un calendario de advento para fomentar a orientación espacial de cara o nadal no centro. Para comezar poñerase a disposición dos participantes as tarxetas de creación libre e as deseñadas (nestas aparecerá un número no centro da tarxeta e haberá dende o día 1 ata o día 24). Cada persoa decorará unha ou varias tarxetas e escribirá pola parte de atrás unha actividade acordada co persoal técnico entre varias opcións relacionadas co Nadal, a cal se levará a cabo no día indicado. Unha vez rematadas colgaranse en forma de árbore nun lugar visible para as persoas usuarias.
Posteriormente cortaranse 24 tarxetas de cartolina verde do tamaño das deseñadas anteriormente para conforme pasen os días se poidan ir tapando e finalmente o día 24 ter unha árbore verde que posteriormente será decorada con elementos típicos do nadal.
No PDF pódense encontras os materiais para imprimir e un exemplo do progreso da actividade.
DATAS_SINALADAS_CAPMCUNTIS_Calendario-de-advento0