A UNED Sénior de Xermade-Guitiriz, que ten aulas en Momán (Xermade) e no casco urbano guitiricense, ofrece diferentes ensinanzas. Clases de Saúde pública, envellecemento activo, Historia, Informática e Música.
O director da Banda de Meira, Fran Cupeiro, como profesor desta última materia, propuxo aos alumnos realizar un vídeo saudando ás persoas que acuden aos centros de día. Todos os anos, visitaban algúns deles para amenizar as festas navideñas, e este ano quixeron romper a distancia que nos separa enviando un saúdo virtual. No seguinte enlace vemos a Amador, un dos cantantes con moitas fans nas zonas de A chaira e A Mariña.
Esta nova forma de contacto, permitirános disfrutar unha vez máis da súa música. Graciñas