PROTOCOLO PARA MONTAR O BELÉN ESTE ANO dende o Centro de día de Abadín

O pesebre, belén ou nacemento, é unha tradición introducida por San Francisco de Asís, quen tivo a inspiración de reproducir o nacemento de Xesús a través dun belén con persoas. Esta idea estendeuse con rapidez por todo o mundo cristián, primeiro por Europa e logo polo resto do mundo. Co paso do tempo, pasou de ser un belén vivinte a utilizar figuras de barro. Chegou a converterse en símbolo do Nadal.
As figuras esenciais son o conxunto chamado “o santo misterio”. Compóñeno a virxe, San Xosé, o neno e os animais do pesebre. Segundo o tamaño do belén, inclúense os reis Magos, os pastores e animais, a casa de Herodes, os soldados, pontes, ríos… Pero unha das máis buscadas é a do cagón. Trátase dunha imaxe dunha persoa defecando. Este acto fertiliza a terra e a enriquece polo que se considera como un símbolo de prosperidade e boa sorte para o ano seguinte. Na súa orixe era un campesiño vestido coa indumentaria tradicional catalana (faixa e barretina). Actualmente pode aparecer con diversas tipoloxías: Papá Noel e personaxes populares como futbolistas ou políticos. Normalmente, atópase nun lugar apartado do pesebre, para que non destaque demasiado.
Conta a tradición que na escuridade da noite, cando todos durmían e os pastores estaban vixiando aos seus rabaños nos cumios, apareceu un anxo entre un gran resplandor. Anuncioulles que o Salvador nacera e foron inmediatamente a adoralo. Polo tanto, foron os primeiros en ir a coñecelo. Aparecen na escena de Belén arando a terra, lavando a roupa, cociñando pan, etc. Simbolizando a vida cotiá da época.
Os Reis Magos son figuras características. En realidade eran sacerdotes de diferentes relixións. A súa representación foi evolucionando co paso do tempo. Actualmente, vémolos en camelos axudados por paxes. Van vestidos con traxes largos aterciopelados e grandes capas. Melchor represéntase con pelo e barba branca, coroa e un cofre de ouro que ofreceu a Xesús como sinal da súa realeza. Gaspar é o máis novo, moreno e con barba escura. Leva coroa e incenso que simboliza a natureza divina de Xesús. Baltasar, de raza negra e sen barba, leva turbante e porta mirra como mostra de que Xesús era un home nacido para sufrir e morrer. Ademais, o número de reis Magos estivo en entredito varios séculos xa que algúns teólogos falaban de que realmente eran catro. Artabán era o nome do cuarto e levaba como regalo rubís, xades e diamantes. O relato di que se perdeu no camiño a Belén porque perdeu a referencia da estrela.
E como todo vai cambiando co paso do tempo, este ano quixemos revivir a primeira versión (o belén vivente) coa última versión das medidas sanitarias fronte ao covid.
Puxemos todo o noso sentido do humor na representación. Atentos:
1.O número máximo de pastores será de 5 e deberán manter a distancia de seguridade de ao menos un metro e medio

  1. Si se instala taberna, estará pechada a partir das 10 da noite e en pobos confinados, só as terrazas ata as 5
  2. Non se permite a presenza do anxo por si bate as ás e fai efecto aerosol
  3. Ao ser convivintes San Xosé, a Virxe e o neno poderán estar xuntos no pesebre pero poñerase un cordón de seguridade entre eles
  4. Todo o persoal non esencial (cagón, lavandeiras, romanos de Herordes, etc.) non poderán participar nesta edición
3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.