Vídeo Postal de Nadal CAPM Cabana de Bergantiños e correspondencias cos netos adoptivos

Desde o CAPM Cabana de Bergantiños enviámosvos unha postal moi especial na que estamos todos os usuari@ s e as profesionais do centro. Fixemos as fotos e a postal con moita ilusión de todos como poderedes ver na ligazón do Blog.

Esta vídeo postal está dedicada a todas as persoas maiores, ás súas familias, os que están nas súas casas, os que veñen aos centros de día ou residencias, para toda a comunidade, para os “netos-avós adoptivos” que están no noso centro e no colexio CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, que con tanta islusión intercambiáronse vídeos – postais. Tamén vos deixamos a ligazón para que vexades este agarimo mutuo destes nenos que con ilusión tamén por estas datas sendo tan diferentes queren mostrar aínda que sexa na distancia que se acordan deles e de desexarlles o mellor.

A foto da postal representa unha árbore de Nadal feita polos usuarios do centro de día de Cabana, a panxoliña é unha preciosa tradución ao galego do famoso ” Adeste Fideles”, neste caso “Adiante Pastores” esta peza está sacada dun caderno de cantareiras dunha usuaria “soprano” (de Rosario S.F) á que lle encantaba cantar na súa Coral.

Esperamos que vos guste todo!! Moi Bo Nadal e Próspero Ano Novo se deus quere! Con saúde e Alegrías para tod@s!!!

FONTES:

Fonte das vídeo imaxes:

Biblioteca particular do CAPM Cabana de Bergantiños

https://pixabay.com/es/videos/

https://es.videezy.com/

Música do vídeo (libre de dereitos de autor)

www.youtube.com › audiolibrary

Autor: Prizefighter – Norma Rockwell

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.