Pasa palabra dende o Centro de día de Pobra do Bollón

Os centros de día de Pobra do Brollón e de Monforte, levan máis de 6 anos xogando mensualmente ao famoso programa da televisión “pasapalabra”.

Comezou como un reto e agora é unha das propostas máis demandadas. De esta forma, ademais de pasar un rato divertido e de sana competitividade, estimulan diferentes capacidades cognitivas (memoria a longo e curto prazo, vocabulario e fluidez verbal, atención..).

Lonxe do que pensa todo o mundo, quizais por prexuizos, o xogo é unha actividade moi importante a calquera idade da vida.

Durante o confinamento, algún deles, recordou que cando eran nenas/os creaban os seus propios xogos con material de refugallo. Cando foron adultos, ensinaban as fillos/as e netos/as eses recordos para que visen que non se necesitaba tanto para xogar. E pensaron:

Por qué non elaborar agora tamén o noso propio rosco para o pasapalabra? ”

Facelo serviu para fortalecer os lazos familiares cos que se convivía na casa.

Por iso, nos explican qué necesitamos para realizar esta creación.

  1. Un cartón grande en forma circular
  2. Goma eva na que debuxar e recortar as diferentes letras do abecedario
  3. Pegamento para colocar as vogais e consonantes ao redor do círculo
  4. Dúas cores de cartulina diferentes por si se fan equipos
  5. Unha listaxe de palabras cunha temática concreta.

Así, que xa sabedes, só falta porlle ganas e pasar un momento entretido e gratificante. Reforzaremos a comunicación, o traballo en equipo, o corpo e a mente. E quizais, si decidimos poñer un suculento premio ao gañador, nos motivemos aínda máis.

Para rematar, móstrannos unha imaxe do resultado final da súa manualidade e dúas propostas de cuestións relacionadas co mes de novembro ou co Outono (Dia de santos, San Martiño, Magostos, etc). Ambas, poden adaptarse aos intereses de cada persoa cun pouco de imaxinación e creatividade. Ánimo!

Pasapalabra de Outono

**1**

Asadas: Unha das formas de cociñar as castañas.

Bullo: Castaña pelada e case seca.

Castaña: O que non pode faltar para facer o magosto.

Debullar: Quitarlle as cáscaras á castaña.

Enxertar: Faise nalgunhas árbores coma por ex nos castiñeiros, para que prendan.

Figo: Froita de outono, que seco é tipico do nadal.

Gotas: As que caen da chuvia.

Horno: En castelán, pode empregarse para asar as castañas.

I (Choiva): A necesitamos para que o campo non seque pero non sempre é benvida

Jolgorio (en castelán): Cando se xunta moita xente, como por ex. para celebrar o magosto, e fan festa e barullo

Kilos: Medida que se emprega para pesar as castañas.

Laranxa: Froita de outono redonda e rica en vitamina c

Mamota: Castaña cocida ca cáscara.

Novembro: Mes do ano no que se soe celebrar o magosto.

ñ (Contén) Castaña: Froito que non pode faltar no magosto:

Ourizo: Protexe á castaña con pinchos

Paraugas: Utensilio moi empregado nesta época para non mollarnos

Q (Contén) Chaqueta: Peza de roupa moi empregada nesta época para abrigarnos.

Regañar: Abrir o ourizo

Souto: Terreo poboado de castiñeiros

Tormenta: Típicas do outono e que veñen acompañadas de chuvia e vento

Uvas: Froito que se emprega para facer unha bebida, que non pode faltar nun bo magosto.

Vendima: Recoller a uva para despois facer o viño.

W (contén) Halloween: Festa norteamericana que ten a súa orixe no Samaín celta.

Xemas: Partes das castañas.

Zoncho: Os cativos enfían as castañas cocidas con pel nun cordel a a xeito de rosario para comelas.

**2**

Abelás: Froito seco pequeno e redondo.

Bravas: Froitos do castiñeiro sen enxertar.

Calduda: Potaxe de castañas secas cocidas.

Defuntos: Día no que se celebra o Samaín e se honran ós mortos

Estoupar: O que fan as castañas se non se lles fai un corte.

Follas: Caen das árbores em outono.

Gusto: Sentido que empregamos para saborear as castañas.

Húmedas: Cando as castañas se mollan se din que están…

I Viño (contén): O que se soe beber no magosto, acompañando ás castañas.

Juerga (en castelán): Cando nos divertimos celebrando o magosto, facemos unha…

Kilometros: Antigamente andábanse moitos para ir a festas e magostos (é unha medida)

Loura: Clase de castaña.

Martiño: Dise que o día deste santo hai un veranillo.

Noces: Froito seco que cae no outono e din que é moi bo para o cerebro.

ñ (contén) Niños: Son os que máis desfrutan xogando no Magosto

Outono: Estación do ano na que estamos.

Pilonga: Castaña seca

Q (contén) Caqui: Froita de cor laranxa típica do outono que veu de Asia.

Risada: Díse que por unha…perdeu a súa añada.

Suchar: Chupar continuamente unha castaña pilonga ata que se consuma.

Tixolo: É de ferro con buratos , e nela se asan as castañas.

U (contén) Loureiro: Pao fino que se empregaba para sacudir as castañas

Velliñas: Dinse das castañas cando pasa moito tempo, e se debullan mal.

W (contén) Kiwi: Froita peluda por fóra e verde por dentro rica en vitamina c

Xirar: Hai que facelo para que as castañas se asen nun tambor.

Zurrón: Bolsa de coiro onde se poden gardar as castañas

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.