Amigos por correspondencia dende o CAMP de Baleira

A quen non lle gustaba abrir o buzón da casa e atopar unha carta dun familiar, amigo,.. felicitando o nadal. Abrir a carta e sentir que alguén pensa en ti mentres a les e experimentar a sensación de sentirte especial.

Este pode ser o inicio dunha amizade… por correspondencia.

Esta actividade vai dirixida a centros de maiores de toda galicia. Os que desexedes participar debedes ter en conta:

1º Que son 5 participantes máximo por cada centro

2º Os centros que participen deberán comunicalo ao CAPM de Baleira a través do mail centrobaleira@alalas.com

3º Unha vez coñecido o número de participantes por cada centro, O CAPM de Baleira coordinará a distribución das cartas, de xeito que os centros emisores saiban a que persoas e centros teñen que dirixir as cartas.

4º. Recomendacións sobre a estrutura e contido da carta, que deberá realizarse co apoio do profesional de referencia si é preciso:

  • Saúdos da persoa remitente ao destinatario.(personalización da carta)
  • Identificación do remitente: nome de pila da persoa residente.
  • Identificación e breve descrición do lugar onde se atopa
  • Contido libre: aficións, como leva a situación da pandemia,…
  • Felicitación do nadal e do aninovo con desexos para o 2021
  • Achegar postal de nadal elaborada no centro si é posible.

5º Os centros que desexen participar deberán comunícalo ao CAPM antes do 10 de decembro.

6º Data de entrega das cartas, dende o 14 ata o 23 de decembro.

7º Lembrade aplicar as medidas anti-covid na elaboración da actividade: Hixiene de mans, máscara, deixar a carta un par de días en cuarentena cando se reciba (segundo a información facilitada polo SERGAS, a Covid-19 pode resistir ata 24h en cartón).

14
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.