Persoaxe segreda do mes

A semana pasada comezamos co cuns acertixos moi especiais… persoaxes segredas, para ver o concurso PREME AQUÍ

Para esta primeira personaxe secreta tivemos xa un acerto de Marisé!

Neste caso, empezamos cunha muller que marcou un antes e un despois na literatura e quixemos honrala polo legado que nos deixou. A continuación deixámosvos un dos poemas de Rosalía de Castro máis coñecidos e que foi musicalizado da man de dous grandes artistas da música galega, Luz Casal e Carlos Núñez, Negra sombra, PREME AQUÍ para escoitar o poema cantado:

Cando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras,

ó pé dos meus cabezales

tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,

no mesmo sol te me amostras,

i eres a estrela que brila,

i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas.

si choran, es ti que choras,

i es o marmurio do río

i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,

Pra min i en min mesma moras,

Nin me abandonarás nunca,

Sombra que sempre me asombras.

Con isto, animámosvos a que a través do correo ocentrodedianacasa@igualdadebenestar.org vos poñades en contacto con nós para propoñer novas personaxes e novas pistas que resolveremos quincenalmente.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.