“AUDIO-RELATO” DE MISTERIO: “VER PARA CRER” dende o Centro de Día de Vigo Coia

A COVID 19 trouxo unha nova normalidade á que todos/as nos tivemos que adaptar e nos centros de día non fomos menos. No CAPM de Coia, ao igual que en moitos outros centros, converteuse en habitual o uso da máscaras, a distancia social, os grupos de convivencia… Todo isto trouxo un cambio nas relacións das persoas usuarias do CAPM. Para mitigar esta situación, dende o CAPM de Coia, levouse a cabo un traballo colaborativo entre todos os grupos de convivencia: a creación dun “audio-relato” de misterio, coincidindo co mes de defuntos, que leva por título “Ver para crer”. Para elo o primeiro grupo comezou o relato, despois o seguinte grupo escoitou a narración e continuo a historia. Así sucesivamente ata que o último grupo inventou o final. Finalmente unificouse o relato nun audio que acompañamos, onde os grupos de convivencia puideron desfrutar do mesmo.

Toda unha mostra de traballo en equipo e de imaxinación! Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós.

Fonte da música: música libre de regalías de www.bensound.com

Preme aquí para escoitar o audio

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.