Facendo un ollo de Deus dende o Centro de día de Tomiño

Dende o CAPM de Tomiño tráennos unha labor moi sinxela e vistosa, a elaboración dun Ollo de Deus. Sonia, xerocultora do centro, vainos ir explicando paso a paso como debemos ir facendo esta labor. Con esta proposta, queremos traballar a creatividade do maior, ademais de ser unha actividade moi boa para a motricidade fina das mans, o carácter mecánico e repetitivo da tarefa axudaranos tamén a traballar a atención sostida. Traballaremos tamén a capacidade de toma de decisións, promovendo dende un inicio a elección das cores da lá, o grosor, a orde…

O resultado é un elemento decorativo que podemos colgar no noso fogar ou no centro.

Animádevos a levala a cabo!

Dende o concello de Tomiño tamén fixeron un acto conmemorativo, PREME AQUÍ para velo

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.