Como cada 25N, Día Internacional Contra a Violencia da Muller, dende o CAPM de Abadín véñennos moitos recordos de actividades xa realizadas para conmemorar, conciencia e sensibilizar acerca das violencias que se producen contra as mulleres.
Por que neste día? Sinxelo, en 1960, nun 25 de novembro, foran brutalmente asasinadas tres activistas feministas baixo a ditadura de Rafael Trujillo Molina: Patricia, Minerva e María Teresa. E foi en 1981 cando estableceuse esta fecha no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe para tratar de concienciar e sensibilizar sobre estas violencias que se producen contra as mulleres.
Pola nosa parte, queremos contarvos un bonito recordo para conmemorar este día. O ano pasado, invitaramos á Residencia de Outeiro de Rei a vir a visitarnos. Representáramos unha obra de teatro que falaba de mulleres, mulleres que tiveran “mala vida”, que foran maltratadas ou sometidas.
O teatro axudábanos a tomar conciencia, a memorizar palabras que nunca nos atreveríamos a verbalizar senón fóra representando outro papel. Nos ensaios, rímonos dos erros e tamén sentíamos emoción cando a frase saía á perfección.
“Non é fácil memorizar todo isto á miña idade”, di algunha que outra actriz “pero penso nesa muller que gañou o Goya con 88 anos e inspírame a seguir intentando”.
Pero o día do estreo, aínda era mellor. Os actores e actrices, acudían coas mellores galas do seu roupeiro. No momento que comezaba a música introdutoria, todo saía ben. Os que non se animaban a “estudar”, tiñan papeis secundarios para encher a escena ou para bailar nos espazos musicais. Para as persoas protagonistas, non eran necesarios os apuntamentos. E logo viña a xira por outros centros de día. Que auténtico privilexio!
Os aplausos enchíanos de autoestima e ilusión. Para moitos, é a proposta de actividades favorita. Por isto, este ano, quixemos volver a retomar eses textos
Animámosvos que intentedes adiviñar a maioría de letras de este rosco virtual e que logo comprobedes os resultados no vídeo anexo. Adiante!
Adicamos este vídeo a todas as persoas, homes e mulleres, que están en contra da violencia de xénero. E especialmente, queremos facer mención ao Concello de Abadín, que uns días antes de declararse o estado de alarma, invitounos a visitar as súas instalacións para desfrutar de un teatro foro polo 8M. Os mesmos que este ano, nos seguen apoiando e facendo colaboracións con nós. Sabemos que agora non é convinte reunirse, polo que decidimos coordinarnos para elaborar un pasapalabra virtual. Incluímos nel, mulleres destacadas pola súa loita contra a desigualdade, e termos que non son habituais no noso vocabulario pero deberíamos coñecer. Para comezar PREME AQUÍ