
Dende a equipa de voluntarias que conformamos O Centro de Día na Casa, queremos aproveitar para propoñer un xogo para todos os nosos lectores.
En que consiste este xogo? Sinxelo, propoñémosvos adiviñar de que personaxe estamos a falar a través dos seguintes feitos que se produciron na vida desta personaxe:
“Nacida en Compostela, seu pai era un sacerdote e súa nai unha fidalga solteira, figurando como filla de pais descoñecidos. Precursora do feminismo denunciando a desigualdade por ser muller e nai de 7 fillos, dos cales unha naceu xa morta e outro faleceu nun accidente doméstico con 19 meses.
A nosa personaxe nunca gozou de boa saúde e, en 1979, o seu retrato aparece xunto có de Isabel a Católica nos últimos billetes de 500 pesetas.”
A nosa personaxe deste mes deixounos, entre outros, os seguintes versos. Atréveste a adiviñar quen é?
Has de cantar,
que che ei de dar zonchos.
Has de cantar,
Que che ei de dar moitos.
A semana que vén resolveremos a identidade desta personaxe, así que deixade as vosas cábalas para ver quen acerta o resultado.
Con isto, animámosvos a que a través do correo ocentrodedianacasa@igualdadebenestar.org vos poñades en contacto con nós para propoñer novas personaxes e novas pistas que resolveremos quincenalmente.
5