Iº Concurso “ Adornos de nadal” dende o Centro de día de Tomiño

Nestes tempos incertos que estamos a vivir debido á situación sanitaria na que nos atopamos, e na que non sabemos que será das festas mais familiares e sinaladas do ano como son as festas do Nadal;

Dende o CAPM de Tomiño queremos convidarvos a participar nun concurso con esta temática.

A idea é que nos centros traballedes coas persoas usuarias na elaboración dun adorno de nadal e nos enviedes unha foto do resultado. As fotos aportadas recompilaranse nun vídeo ou documento que se vos enviará para que podades ver todas as obras e votar por aquelas que mais lle gusten ás vosas persoas usuarias. A fotografía máis votada entre todos os centros participantes será a gañadora.

A continuación expomos as bases do concurso:

PRIMEIRA:

O adorno de nadal deberá ser elaborado polas persoas usuarias con elementos de refugallo

SEGUNDA:

Cada centro poderá presentar unha soa obra.

TERCEIRA:

O adorno realizado non ten porque ter unhas medidas específicas.

CUARTA:

Pódense aportar diferentes fotos dende varios ángulos da obra para así poder contemplalo de diferentes perspectivas

QUINTA:

Co envío das fotos poderedes axuntar, se vos apetece, tamén, a ficha de actividade de como se realizou, o conxunto de fichas de actividade que recibamos enviaranse xunto co vídeo ou documento a todos os participantes, para que deste xeito, se algún adorno gusta moito os maiores, poidan realizalos no seu centro para o vindeiro ano.

SEXTA:

A data limite do envío da foto do adorno de nadal será ata o 11 de Decembro, e enviarase a dirección de e-mail cd.tomino@cogami.gal

SÉTIMA:

Poderase votar as tres obras que mais vos gusten.

OCTAVA:

Non se poderá votar polo adorno realizado do propio centro.

DATAS:

Rogamos que nos confirmedes a vosa participación á dirección de e-mail cd.tomino@cogami.gal antes do 27 de Novembro.

A data limite do envío da foto do adorno de nadal será ata o 11 de Decembro

-O vídeo ou documento cos adornos participantes vos será remitido o 15 de Decembro;

– Despois poderanse enviar os votos por e-mail A cd.tomino@cogami.gal ata o 18 de Decembro.

– Finalmente nomearase o adorno gañador o 21 de Decembro

Ante calquera dubida podedes contactar con nos vía e-mail a cd.tomino@cogami.gal ou no telefono 986623326.

Moitas gracias pola vosa atención e esperamos a que vos animedes a participar!!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.