Fichas de atención dende o Centro de día de Portas

Dende o centro de día de Portas presentamos 8 fichas dirixidas a persoas sen deterioro ou con deterioro cognitivo leve. O nivel de alfabetización da persoa debe ser, como mínimo, de recoñecemento das letras e números.

O obxectivo destas actividades e traballar a atención e concentración dun xeito sinxelo.

O único que precisamos para poder realizalas é contar cun ordenador, móbil ou tableta con conexión a internet para poder acceder ao blog e pinchar sobre o enlace que nos levará ata a ficha.

Unha vez teñades na pantalla a ficha so hai que realizar a actividade que pon no texto. Existen 3 actividades diferentes:

Pincha nas letras: So hai que pinchar nas letras que se indican no enunciado

Dalle a volta ós números: Preme a opción correcta

Coloca ós números de menor a maior: Arrastra os números a súa posición correcta para que permanezan ordeados de menor a maior.

Cando consideres que a actividade está rematada so tes que premer o cadrado azul que pon “¡Terminado!” e despois “comprobar mis respuestas” para ver a túa puntuación e corrección. Estas fichas pódense realizar todas as veces que se desexen.

Ficha 1

Ficha 2

Ficha 3

Ficha 4

Ficha 5

Ficha 6

Ficha 7

Ficha 8

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.