10º aniversario do centro de díad e VIGO- COIA en streaming

Abrir as portas dun centro de día non é cousa sinxela, e menos fai dez anos, cando moita xente se preguntaba que era eso dos centros de día, e outros afirmaban que eran garderías para xente de idade. Fomos moitos os profesionais que remamos, sementamos, cavamos, seituramos… xuntos unidos, no mesmo galeón a sotavento e dende todos os puntos de Galicia, dende moitas vilas e lugares.

Berramos moi forte, tan alto que a nosa voz a escoitaron centos de familias e maiores, e os apertamos chegando a confiar en nos, no noso traballo de sementar esforzo, de labrar sentimentos, de coidar os seus corpos, de seiturar limitacións…

Pero non menos duro esta sendo reinventarse e sacar folgos para mirar os ollos do enimigo máis forte do mundo, que non sabe que deu con Galegos, con xente forte e acostumada a loitar contra as inclemencias do tempo, dunha terra de costas arriba, dun mar enbravecido que azouta dende millons de anos as meixelas das nosas costas.

Así que…. choramos, nos enfadamos, nos desesperamos, e como non, nos reinventamos para seguir cara adiante, con humor e co entusiasmo que nos caracteriza, sementanto, coidando, seiturando, remando… agora en screening e da man de todas as familias e maiores que confian no noso bo facer

En streaming dende o centro de día de Vigo Coia nos achegan un video de celebración de esos 10 anos acompañados da mellor das tripulacións. Parabéns Coia!!! Por moitos anos máis!!!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.