Dende o CAPM de Outes achégannos unha serie de actividades interactivas para estimular as nosas distintas capacidades cognitivas mentres pasamos un bo rato.
A través das seguintes actividades interactivas propóñennos o reto de atopar nunha sopa de letras nomes de peixes ou parroquias da Serra de Outes, rematar os refráns, acertar unha serie de adiviñas ou resolver uns roscos de Pasapalabras.
Estas actividades están dirixidas tanto a persoas con ou sen deterioro cognitivo que queiran pasar un bo momento estimulando as súas capacidades cognitivas.
Para realizar estas actividades só necesitaremos un ordenador, Tablet ou teléfono móbil con conexión a internet e moitas gañas de desfrutar movendo a nosa mente.
Animádevos a comentar a vosa experiencia realizando estas actividades!
0