Outubro 2020 e o día do medo dende o Centro de Día de Portas

No Centro de Día de Portas, dende fai xa 12 anos, adicamos o mes de outubro ao Samaín, e rematamos o mes desenvolvendo unha actividade propia, que coñecemos coma o “Día do Medo”®.

Durante as semanas previas ao día de Defuntos realizamos actividades coma a decoración e ambientación do centro e a talla de cabazas que este ano tiveron que ser feitas individualmente e tamén facemos recompilación de historias vinculadas as nosas tradicións nestas datas.

O día grande, neste ano foi o 30/10/2020, no que tanto persoal coma usuarios/-as, desfrutamos de actividades, que este ano tivemos que adaptar a desenvolvelas de modo máis individual que grupal, para respectar as medidas contra a COVID-19. Así pois, durante a xornada fixemos a reportaxe fotográfica por salas e persoas, que non puido ser grupal coma outros anos, onde usuarios e usuarias podían colocar (se o desexaban) diante da mascarilla unha imaxe de bocas terroríficas ao non facer o obradoiro de maquillaxe, e o persoal disfrazouse nas instalacións do centro por quendas. Tamén empregamos medios audiovisuais para a sesión de antropoloxía galega do día de Defuntos a media mañá, e xa nesa mesma tarde vimos as fotografías do día e de anos pasados con motivo desta actividade. Rematamos a xornada cunha merenda “especial e adaptada”, onde no que o que pretendemos é desfrutar tanto persoal coma persoas usuarias dun día festivo e de humor, pero mantendo as medidas de prevención indicadas contra o coronavirus.

A continuación deixámosvos cun vídeo feito dende o Centro de Día de Portas e como banda sonora “O Carnaval dos animais: acuario” do compositor francés Saint-Saëns.

ANOTACIÓN:
A música do vídeo é o “O Carnaval dos animais: acuario”, do francés Saint-Saëns, que fai máis xa de 100 anos que faleceu. É xa de dominio público polo tempo de falecemento (despois de 70 anos), e aparece tamén en diversas plataformas nas que contemplan música sen dereitos de autor (ex: musopen).

8
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.