UN SAÚDO DO MÍSTER LUGO 2020

David Vilares creceu en Cadoalla (Becerreá). Con só 24 anos representou á provincia de Lugo no certame de beleza Míster España.

Preme aquí para saber máis de David

Alí destacou polo seu talento tocando a gaita, a pandereta e o canto galego.
Ademáis de ser actor, doblador e locutor, actualmente é colaborador do programa “quen anda ahí” da Televisión de Galicia. Alá por onde vai, presume da nosa Terra.
Cando estivo confinado na súa terra natal incluso tallou o nome da mesma nun anaco de madeira. Gústanlle os oficios tradicionais e as sabedorías populares que lle ensinaron as persoas maiores da súa aldea.

Preme aquí para ver unha entrevista moi interesante

Como bo amante do noso, tivo uns minutiños para adicar unha cantiga ao blogue “ocentrodedianacasa”. Din que Galicia é un país de pandereta e hai que dignificala e David faino á perfección. Graciñas.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.