¿ É convinte facer exercicio cando se ten dor de xeonllos? dende o Centro de día de Sada

O xeonllo é unha articulación complexa que soe doer por distintos motivos, sendo un dos máis comúns a Artrose.

Quen padece esta molestia dubida se pode facer exercicio. O máis convinte é consultar co especialista, traumatólogo, fisioterapeuta, etc. que darán unha pauta de exercicios que mellor vaian en cada caso.

Pero do que non cabe dúbida é que o exercicio é unha boa opción.

A actividade física e o exercicio terapéutico, melloran a saúde do óso, o músculo e as articulacións, e debe formar parte do tratamento de patoloxías como Artrose e Artrite.

O exercicio terapéutico de tipo aeróbico, como camiñar, e os de fortalecemento da musculatura periarticular, son moi recomendados.

Demostrouse que o exercicio diminúe a dor e mellora a limitación articular sin danar o cartílago nin aumentar a inflamación.

En artrose de xeonllo moi sintomática, recoméndase exercicios de baixo impacto (natación, camiñar a ritmo lento sobre terreo chan… evitando todos aqueles exercicios de alto impacto xa que implican unha sobrecarga excesiva.)

Os exercicios de fortalecemento debense centrar no xeonllo (sobre todo no músculo cuádriceps), sendo ainda máis eficaces se combinan con exercicios de fortalecemento da coxa. (bicicleta estática, subir escaleiras, etc..)

12
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.