Historia ancestral do Samaín dende as vivendas comunitarias de Riotorto e A Pontenova

Ás veces escoitamos que o Samaín (tradición celta) non existía antes do Halloween (celebración moderna). Moitos pensan que este festexo está relacionado coas películas americanas e que nada ten que ver coa vida no noso país pero o certo é que non é así.

Os nosos antepasados Celtas consideraban este día como o fin do verán e o inicio das recolleitas do Outono. Por iso, 31 de Outubro, xusto antes do día de defuntos, iluminaban o entorno con farois e tallaban cabazas con forma de caveira con velas dentro. Chamábanlles calacús e eran símbolos de tránsito da luz á escuridade. A xente vestíase con peles de animais, poñíanse espantallos e cazos colgados para espantar e despistar os trasnos. Deixaban a lareira acesa e non se recollía a mesa. Pensaban que era unha noite máxica na que as almas dos mortos visitaban o mundo dos vivos. Por iso, procuraban calmar a súa fame e friaxe.

Moitos falaban da Santa Compaña. Algúns presumían de verse bendicidos por unha fada na súa porta. Outros sentían enerxías maléficas.

Vos que historia coñecedes? Animádevos a contar algún conto intrigante que de seguro sabedes

Dende o centro de día de Abadín xa fixerona súa proposta…

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.