RECOMENDACIONS SOBRE O USO DA MASCARILLA DENDE O CENTRO DE DIA DE SADA

O uso da mascarilla converteuse dende o mes de marzo nunha nova parte do noso día a día. Antes de saír da casa revisamos se levamos as chaves, a carteira, o teléfono móbil e, agora tamén, a mascarilla.

As mascarillas, o noso novo aliado, ten moitas variedades: dende as quirúrxicas máis sobrias, ata as reutilizables con distintos estampados. Combínanse coa nosa vestimenta a diario e protexennos dos distintos patóxenos que atopamos no ambiente.

Pero ademáis de atopar distintas formas e cores, dende o Centro de Día de Sada atopamos que hai moitas novas formas de colocar este accesorio máis do noso día a día.

A continuación, en clave de humor, achegamos as distintas formas para non poñer as mascarillas traído da man das traballadoras e dos traballadores de Sada.

Unha resposta a “RECOMENDACIONS SOBRE O USO DA MASCARILLA DENDE O CENTRO DE DIA DE SADA”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*