1 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES DENDE O CENTRO DE DÍA DE CABANA DE BERGANTIÑOS

Con motivo do día internacional da persoa maior, convidámosvos a todas e a todos a que reflexionedes, xunto coas persoas que forman o noso Centro de Día de Cabana de Bergantiños, sobre este día tan especial.
No vídeo que veredes a continuación propoñemos unha serie de frases ditas por personaxes célebres sobre o envellecemento e a vellez. Alentándovos a cavilar sobre isto e a que compartades as vosas ideas, opinións e vivencias ao respecto.
Que precisaredes para isto? Precisaredes un ordenador, teléfono móbil ou unha tablet con conexión a internet e as vosas propias experiencias. Animádevos a deixarnos os vosos comentarios e a participar con vídeos, textos, debuxos, o que mellor exprese o voso sentimento sobre ser maior.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.