QUEN QUERE SER MILLONARIO? DENDE O CENTRO DE DÍA DE BAIONA

A través do popular xogo “quen quere ser millonario?” imos traballar o manexo das novas tecnoloxías no maior á vez que traballamos tamén diversos aspectos da mente (coordinación, memoria, comprensión…). Esta actividade vai dirixida aos maiores que manteñen un nivel de destreza media. Tamén podemos poñelo en práctica con aquelas persoas que presenten maior dificultade prestando apoio.

Para realizala só precisaredes facer “clic” ó enlace do xogo interactivo e poñelo a pantalla completa. O xogo consta de 10 preguntas con 4 respostas. Teredes que premer a resposta que consideredes correcta. A aplicación indicará mediante un son e unha cor se a opción escollida é verdadeira (verde) ou falsa (vermella). Neste último caso poderedes intentar acertar novamente a resposta. Pasaredes á seguinte pregunta marcando sobre a frecha que se atopa na parte superior dereita. En caso de dúbida teredes á vosa disposición un comodín (50/50) que podedes utilizar en todas as preguntas no momento que queirades. Pulsando nel desaparecerán dúas opcións de resposta e así elixiredes entre as que quedan. Ademais, tendes a posibilidade de saltar a pregunta marcando o outro comodín.

A XOGAR!

Autoría de imaxe e son: Ismael J Quevedo

Para comezar a actividade PREME AQUÍ

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.