FACENDO PAN DE NOCES DENDE O CENTRO DE DÍA DE TOMIÑO
Dende o CAPM de Tomiño tráennos unha deliciosa receita de pan de noces. Benito, Terapeuta Ocupacional do centro, vainos ir explicando paso a paso como é a súa elaboración. Con esta proposta, a maiores de pasar un bo momento en familia, tamén imos traballar outros aspectos tan importantes como a motricidade, a estimulación do tacto… Non debemos esquecer que a elaboración do pan estivo moi presente na vida dos maiores. Aproveitade e conversade sobre este tema:
- Que tipo de fariñas empregaban?
- Como era o proceso de elaboración do pan?
- Onde o cocían?
Estas son algunhas cuestións que lles podedes facer, desta maneira tamén traballaredes a linguaxe e a reminiscencia (evocación de recordos).
Animádevos e poñede as mans na masa!
0