As traballadoras e familiares das persoas usuarias que acuden ao centro de día de Abadín, escoitaron os contos de Pantón a través do blogue e enseguida se animaron a compartir tamén as historias da súa zona.
A expresión oral forma parte da cultura popular de todos os pobos tendo como obxectivo buscar a participación activa do oínte. Existen diferentes formas de contar…
Hai persoas que o fan de memoria, que non esquecen as vivenzas transmitidas polos seus devanceiros e que deciden seguir contando da mesma maneira ás súas familias. É o caso de Benedito Díaz Enríquez, marido dunha usuaria que leva acudindo ao centro 10 anos, Dolores Vigo Vigo. En só 2:32 minutos saca sorrisos cunha historia ben divertida: “UN GALEGO USANDO O METRO NA CAPITAL”
Hai persoas que teñen un arte especial para invitar a falar contando. É o caso da Xerocultora Vilalbesa María Ladra Fraga que ao tempo que relata, tamén recibe comentarios que vai incluindo na súa historia de “O XORNALEIRO”, unha moralexa de só 2:20 minutos de duración.
Hai persoas ás que lles gusta indagar sobre as tradicións e curiosidades dos lugares onde viven. É o caso da Xerocultora Mindoniense Begoña Bouso Barcia que nos comparte a lenda sobre “A COVA DO REI CINTOLO” en 3:56 minutiños. Esta excavación natural asombra aos que a visitan por ser a máis grande de Galicia, con máis de 6500 metros de lonxitude. Quen se atrevería a meterse no seu interior rodeado de estalagmitas e estalactitas?
E por último, hai persoas amantes dos versos, que poden emocionar coa súa maneira de recitar. En só 2:29 minutos, a xerocultora abadinense Mónica Lagares Valle, comparte algúns dos seus poemas favoritos sobre natureza e paxaros.
Que estilo é o voso favorito? Deixade un comentario para solicitar máis historias a estes contacontos.
0
Canto nos gustan os contos, as historias, as mendas,…!!! E poder compartilas neste blog axúdanos a estar un pouquiño mais preto !!!
Emocionada estou eu de tanto Arte que hai en Abadín!!! !! !
Grandes, coma sempre
Moito me gustan os contos, saben a cultura.
Preciosa recolleita de esencia popular gardada en distintos tarriños, abertos hoxe para goce e desfrute de tantxs…
Vida a nosa tradición oral,vida a voz dos vellos e de quen os apoia..!! VIDA..!!
TREMENDAS ARTISTAS.
A nosa cultura de transmisión oral gardada en distintos tarriños, abertos a VIDA NA VOZ DOS VELLOS o me aplauso especial para BENEDITO , e para as miñas compañeiras que teñen moito mérito.
Outro conto de este home,porfavor…!!
Moitas grazas Flor.Traslado o teu comentario. Que ben poder compartir entre nós
Que bonitas todas as vosas historias e contos. Moi boa iniciativa. Seguide asi.
Moitas gracias a todas(A José tamén por suposto) Por estaredes facendo, máis agradable a vida os nosos mayores e a nos tamén. Sodes un encanto todos.Moitas gracias. Sin vos nada sería igual.
La verdad la leyenda de la cueva me resultó fantástica y muy fascinante sobre todo como lo narra begoña fantástico. Queremos más