A NOSA CULTURA MUSICAL DENDE O CENTRO DE BEGONTE

A actividade que se presenta a continuación vai dirixida a persoas maiores sen deterioro cognitivo ou con deterioro cognitivo leve, ás que lles guste a música, sobre todo a música galega.

Preséntanse unhas fichas con letras de cancións populares galegas, con ocos que hai que completar. En cada ficha, aparece un enlace web para que poidan escoitar e desfrutar da canción.

Anímase a tódolos participantes a que utilicen algún instrumento musical que teñan na casa para interpretar as cancións ou que fabriquen algo sinxelo como unha maraca.

Recordade….

A música é para a alma, o que a ximnasia para o corpo” Platón

COMEZAMOS!

Coas actividades que se presentan a continuación, preténdese que as persoas participantes exerciten a súa mente traballando a memoria, a linguaxe, a atención, a concentración e que exerciten tamén a escritura. O máis importante, é que son actividades dirixidas a persoas que desfrutan da cultura musical galega e que, polo tanto, poden desfrutar deste tipo de exercicios.

Nas fichas de cantigas populares, a indicación consiste en completar as partes que faltan de cada peza musical.

A seguinte parte é a máis divertida, porque consiste en interpretar a peza tantas veces como gustemos, solos ou en compañía de alguén. Animámosvos a que a cantedes e que tamén a bailedes, posto que a música é unha terapia para aalma.

Se nos gusta moito facer cousas que teñan que ver cos traballos manuais, tamén podedes fabricar unhas maracas cunhas botellas de tamaño pequeno e uns grans de arroz.

Recordade, o máis importante é desfrutar do que se fai!

Completar a canción “A saia da Carolina”

A saia da_________________ ,

ten un_____________________ pintado.

Cando Carolina baila,

o lagarto dálle ó__________________ .

Bailaches Carolina?

Bailei, si .

Dime con quen bailaches,

baile co meu___________________ .

Baile co meu , bailei co meu _______Bailaches ? Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola, que fai ó .

Éspese pola e vístese polos .

Bailaches Carolina? Bailei, si .

Dime con quen bailaches, baile co meu . Baile co meu , bailei co meu

Bailaches ? Bailei, si señor.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.