Dende o centro de día do Porriño propoñémosvos unha actividade moi divertida, “adiviña de quen falamos”, a través da que traballaremos diferentes capacidades cognitivas (memoria, linguaxe e lóxica) así como a nosa axilidade mental.
O xogo consiste en ir adiviñando as persoas famosas a través das pistas que imos dando, ao final de cada pista aparece unha foto coa solución onde veremos á persoa que describimos.
Esta actividade podedes levala a cabo en familia, interactuando cos máis pequenos da casa, falando de cada unha das personaxes que aparecen na actividade, desta maneira tamén ampliaredes a tarefa proposta.
Gustoume moito!! Lembrame a actividades que faciamos no centro. E enriquecedor compartir ideas!!