PECHE DA RESIDENCIA INTEGRADA OS MILAGROS DE BAÑOS DE MOLGAS

Tras dous meses de intenso traballo, chegou o momento do peche da residencia “Os Milagros” como centro intermedio de atención ás persoas afectadas de COVID-19 que non precisaron de hospitalización e que permaneceron ingresados nesta unidade ata a súa recuperación, momento no que puideron regresar aos seus fogares.

Aquí vos deixamos un vídeo do momento no que abandonan as instalacións as últimas dúas persoas que permanecían no centro.

Sirva este video de merecida homenaxe a todos os profesionais que, tanto nesta residencia de Baños de Molgas como na residencia de Porta do Camiño, traballaron durante este tempo e sen os cales non houbera sido posible a recuperación de todas as persoas que por alí pasaron. Queremos facer unha mención especial, pola parte que nos toca, a todas as profesionais dos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que prestaron os seus servizos nestes centros e das que nos sentimos especialmente orgullosas.

Moitas grazas polo esforzo e a implicación demostrada. Grandes profesionais que souberon estar á altura das circunstancias.

Para ver el vídeo PREME AQUÍ

0
Se che gustou podes compartirlo en:

3 Respostas a “PECHE DA RESIDENCIA INTEGRADA OS MILAGROS DE BAÑOS DE MOLGAS”

  1. Días de moitas emocións, medo, nervios, incertidumbre… q con paso dos días mudaron a respeto, orgullo, e tranquilidad polo traballo ben feito.

  2. Un vídeo moi emotivo…
    O persoal sociosanitario non se sinten héroes, só que cumpren o seu deber.
    É vocacional loitar con valentía por sacar adiante a quen o necesita. Noraboa

  3. Foi un gran esforzo físico e mental, pero tamén unha experiencia enriquecedora, gratificante e inolvidable. Noraboa ós tres equipos polo traballo ben feito.