XOTA DE PANTÓN DENDE O O CENTRO DE DÍA DE PANTÓN

Quen non ten na casa unhas cunchas de vieira?

O uso das cunchas (Pecten maximus) como instrumento musical aparece amplamente documentado por toda a nosa xeografía, incluso en lugares moi afastados das costas.
O forte e estridente son que emiten serve para acompañar o canto ou a melodía de todo tipo de instrumentos, sendo moi frecuente o seu uso para acompañar o canto a carón das pandeiretas, latas, pandeiros etc., ou mesmo ao pé da gaita de fol.

No centro de día de Pantón, a xerocultora Laura Vázquez, anima con cantigas populares a todas as persoas dende o ano 2009 da súa apertura. Hai uns 6 anos uniuse
ao grupo de pandereiteiras “Suasairas” e tamén comezou a preparar
pequenas actuacións coas persoas usuarias do centro para os días
sinalados nos que se facían festas con invitados. Como é unha actividade que ten moito éxito, decidiron ensaiar todas as semanas.

No confinamento, realizaron un vídeo cunha xota particular da zona. Coa posta en marcha do blog, queren compartila con todos e todas animando a que cambiar o nome Pantón ou Bazal polo pobo de orixe de cada un. Aquí tedes a letra:

Neste lugar de Pantón hai unha fonte moi fría,
boa fonte debe ser-e que boas mociñas cría
ata o mandil, ata o mandil Dolores,
ata o mandil que che van caer as flores.

Dálle donaire ao corpo queridiño do meu ben-e,
Dálle donaire ao corpo que o corpo donaire ten-e
ata o mandil, ata o mandil Dolores,
ata o mandil que che van caer as flores.

Santa Isabel do Bazal, díxome que lle rezase
que me había de valer cando por ela chamase
ata o mandil, ata o mandil Dolores,
ata o mandil que che van caer as flores.

Viva o noso amo de hoxe que ten cara de alegría
senon lle acabamos hoxe, volverémoslle outro día
ata o mandil, ata o mandil Dolores,
ata o mandil que che van caer as flores.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Unha resposta a “XOTA DE PANTÓN DENDE O O CENTRO DE DÍA DE PANTÓN”

  1. Quén tivera esa coordinación para tocar tan ben as cucnhas Laura!!!