Nos tempos que estamos a vivir, non podemos esquecer a importancia de manter as mans limpas.
Sen embargo, esta parte do corpo vai máis alá disto. As mans o fío co que interaccionamos co externo a nós. Son esenciais para comunicarnos co que nos rodea porque están implicadas na meirande parte de actividades que levamos a cabo. Por exemplo, á hora de realizar as nosas actividades básicas da vida diaria, desfrutar das actividades de lecer, do noso traballo, e un sinfín de tarefas.
Con todo, o paso dos anos pode traer asociadas patoloxías que afecten a funcionalidade das nosas mans, como fracturas, secuelas de lesións, patoloxías articulares/reumatolóxicas, enfermedades neurodexenerativas, etc.
Por este motivo é de vital importancia exercitalas con frecuencia para non perder forza muscular, elasticidade, coordinación, etc. En definitiva para gañar independencia. Mentras teñamos que quedar nas nosas casas, o Centro de Día de Caranza Ferrol recórdanos a importancia de coidalas propoñendo algunhas ideas de actividades sinxelas que axudarán a manter a mobilidade desexada.
Pódense facer coa axuda de plastilina, pelotas ou gomas elásticas para o cabelo. Senón dispoñemos destes materiais, podemos facer os exercicios só coas mans, sen resistencia. Pódense facer con asiduidade ante ausencia de dor. No video, adxúntanse exemplos dos seguintes exercicios por orde de aparición:
- Agarre de forza
- Agarre completo
- Extensión de dedos
- Rodar sobre a mesa
- Tesoiras de dedos
- Belisco e belisco pleno.
Ademáis, hai outras accións que por sí mesmas xa son terapéuticas e poden chegar a ser máis amenas. Algúns exemplos son:
● Facer puzzles.
● Amontoar moedas.
● Elaborar algunha receita que implique o amasado.
● Ordenar o costureiro, clasificar os botóns, enrolar os fíos…
● Dobrar a roupa ou manipular pinzas
O ingrediente secreto de calqueira actividade é a forza de vontade e a paciencia. De seguro que, ao facelo coa familia preto, vai engadir un extra de satisfacción e recoñecemento.
1
Encántanme estes exercicios coas mans, unha parte do corpo esencial para o desempeño das actividades da vida diaria