Un bo exercicio de estiramento que está especialmente indicado esta semana, preparándonos para recibir a nova estación: Sol…Solsticio de verán… Saudamos ao Sol e extraemos del a enerxía para convertila en saúde. Porque todas as persoas poseemos a capacidade de brilar.
O ritmo adaptarémolo ás sensacións, sen atropellarnos. Está contraindicado no caso de síndromes vertixinosos e nas persoas que padecen baixadas de tensión relacionadas cos cambios posicionais.
Sentad@s nunha cadeira con respaldo, ca columna recta sen facer contacto. Os pes no chan , separados a distancia da pelve( comprobaremos que o noso apoio na cadeira se fai a través dos isquións, se colocamos a man baixo a nalga notamos unha forma dura, un óso)
1- Mans á altura do peito 2-3 respiracións polo nariz profundas
2-Colle aire mentras arqueas a columna e as mans suben por riba da cabeza…non perdas de vista as túas mans
3- O aire sae mentras replegamos o tronco, intentaremos que a cabeza descanse entre as pernas e as mans ao carón dos pés. Se non é posible as mans descansan nos muslos.
4-Elevamos xeonllo dereito mentras collemos aire e expandimos tórax, extendendo pescozo
5- Expulsamos o aire mentras intentamos que a fronte toque co xeonllo
Vamos a facer o mesmo ca perna esquerda
6- Colocamos antebrazos nas pernas e inspiramos mentras extendemos as cervicais.
7- O aire sae novamente, a columna replégase e colo e cabeza relaxan
Podemos repetir a secuencia ata 3 veces, e despóis comprobar como o movemento e a respiración combinados trouxéronnos lixeireza, benestar e enerxía.