Dende o centro de día de As Neves, vos propoñemos a realización de dúas actividades interactivas para estimular a vosa a mente. Estas actividades van dixidas a todas as persoas, tanto maiores como outros membros da familia.
O obxectivo desta actividade é o de estimular a nosa mente a vez que fomentamos que as persoas maiores se acheguen ás novas tecnoloxías e ao mesmo tempo promovemos a colaboración doutros membros da familia como poden ser netos, sobriños ou fillos.
O único que precisamos para poder realizalas é contar cun ordenador, móbil ou tableta con conexión a internet para poder acceder ao blog e pinchar sobre o enlace que vos levará ata a ficha:
Ficha de atención: para completar esta actividade teredes que premer sobre os símbolos que sexan iguais ao da mostra, unha vez rematada premedes sobre “terminado” e de seguido “comprobar mis respuestas” deste xeito poderedes ver a ficha corrixida. A podedes repetir todas a veces que desexedes.
Para comezar coa ficha PREME AQUÍ
Memory de animais: Do mesmo xeito que no tradicional xogo de cartas, para completar esta actividade debedes ir premendo sobre as cartas de dúas en dúas para darlles a volta e formar parellas de imaxes iguais. Ao rematar, a aplicación daravos unha puntuación en función do tempo e dos intentos empregados para descubrir todas as parellas. E aínda que o mais importante e divertirse realizando a actividade, se desexades que a vosa puntuación apareza reflectida no taboleiro dos 10 mellores e poder retar a outros menbros da familia ou amigos a superarvos, soamente tedes que rexistrarvos na páxina web de educaplay
0