O centro de día de A Pobra do Brollón preparou 3 cadernos para que as persoas usuarias con intereses artísticos e culturais, puidesen seguir traballando a súa mente e habilidades manipulativas durante o confinamento.
Estes exercicios están pensados para os que que desexen desfrutar dun momento de esparcemento persoal. Non hai que realizar todas as fichas, nen seguir a orde indicada, pódense ir escollendo as que máis apetecen. O mais importante é poñerlle ganas, escoller un lugar luminoso e tranquilo e vixiar a postura corporal.
As persoas maiores que xa accederon a eles, indicaron que o seu uso axudou a manter a autoestima e fortalecer os lazos familiares con fillos/as e netos/as, dispostos a botar unha man e compartir tempo.
Tras a creación do blog “ocentrodedianacasa”, as profesionais do centro poñen estes cadernos a disposición de todos e todas.
Probade a descargalos e non deixedes de comentar cal foi o voso favorito:
– CADERNO 1: Paisaxes, Mandalas e Animais (por Susana Cajide, Psicóloga)
1ª PRIMEIRA PARTE PREME AQUÍ
2ª PARTE PREME AQUÍ
– CARDENO 2: Estimulación da mente (por Nerea López, Terapeuta Ocupacional)
– CADERNO 3: Obras de arte e poesía (por Pilar Miguez, Traballadora Social)
0
É difícil escoller pois calquera é moi acertado, pero recoñezo que o de debuxo con poesía pareceume mío orixinal
Moi bo traballo, os tres cadernos están xenial