Dirixido a tódolos coidadores, persoas sen deterioro e con deterioro cognitivo leve-moderado
Obxetivos:
- Fomento do descanso
- Previr as posibles actuacións derivadas do estrés
- Fomentar o autocontrol dos participantes
Materiais que se precisan: móvil, ordenador…para reproducir a sesión de relaxación
Metodoloxía:
Nunha habitación cunha luz ténue, todas as persoas participantes estarán sentadas ou deitadas nunha posición cómoda para comezar a viaxe relaxante pola praia
TEXTO RELAXACIÓN
Agora ímos a relaxar a nosa mente.
Para elo, vas imaxinar que estás nunha praia deserta, é unha praia fermosa, con area branca e fina, e a auga, en tons verdes e azuis, é casi transparente. Hai palmeiras que caen sobre a auga. Atópaste nun lugar máxico.
Aquí non existe a enfermidade, nin o medo nin as preocupacións, só estás ti e o son do mar que te envolve.
Decides camiñar hacia a beira do mar, metes os teus pes na auga, e está boísima, cálida, limpa… atópaste cun gran frotador de goma e te sentas nel, e flotas, as túas pernas e brazos están dentro da auga abanéaste lentamente. Deixas atrás todo o malo e sintes como a auga te move con ritmo.
Agora volves a beira do mar, está comezando a atarceder, as cores son preciosas: laranxa, amarelo, vermello… disfruta das vistas.
De repente, sintes unha forza dentro de ti, unha enerxía moi grande que invade todas as células do teu corpo e notas unha brisa cálida que acariña o teu rostro, respíraa, nótaa… colle impulso e nota como empezas a voar, os teus pes despegan do chan e voas, eres lixeir@ coma un paxaro, sínteste libre, sen mais, sobrevoas toda a fermosa praia. Subes ata o ceo e aí te arroupan as estrelas
A lúa, a xente que ti amas mírate con moito amor.
Eres feliz.
A partir de agora, recordarás para sempre esta sensación e sempre que te atopes preocupad@ podes voar ata éste lugar secreto e máxico que só ti coñeces.
0
Unha actividade moi apropiada para esta época na que tivemos que aprender a xestionar o medo, a incertidume e o estrés
Encantame esta actividade. Bo traballo! Sabela, a tua voz engancha…