Dende o Centro de Día de Carballo, trasladamos ás familias e persoas usuarias, un bingo en relación á corentena. Trátase de potenciar a atención centrada na persoa, a través dunha actividade significativa e de interese como o bingo, para os nosos maiores. Boa proba disto, é tódolos que elaboramos no Centro previamente e de autoría propia: de flores, de froitas, de medios de transporte, de lugares, deles mesmos,…e o noso tan valorado bingo de cartas da baralla, tan versátil en canto ó contexto. Por todo isto, creamos un acorde ós tempos actuais, de forma que facilite a orientación pero dun xeito tranquilizador e que implique aos núcleos de convivencia, participando dende adultos a cativos, favorecendo o lecer en familia, sen caer no tan temido infantilismo. Oxalá sexa do voso desfrute!
Material que precisamos:
-Un cartón (de papel, cartolina,…) composto por seis imaxes por cada participante (cada folla do documento estará composta por dous cartóns, polo que una vez recortado servirá para dúas persoas).
-Folios en branco ou papel de refugallo, que cortaremos en cadrados de tamaño similar a cada imaxe para ir tapándoa segundo vaian saíndo imaxes iguais ás do cartón de cadaquén. Cada participante precisará seis papeis.
– Unha bolsa ou recipiente baleiro para introducir as diferentes fotografías de cada imaxe; un/unha “presentador/a” irá sacando de unha en unha.
– E moi importante, non olvidarnos das tesoiras e dun sobre ou caixa para gardar todo o material e poder volvelo a empregar cando queiramos!
Como xogar:
Poden participar tantas persoas como cartóns teñamos, cada un deles estará composto por seis imaxes relacionadas coa situación pola que estamos a vivir; unhas son símbolos de actitudes (valentía, esperanza, solidariedade….), outras, son de elementos de seguridade (luvas, xel hidroalcohólico, termómetro…) e, outras, de palabras con simbolismo en relación coa corentena ou confinamento (manta, arco da vella, bico…). Por outra banda, unha persoa (presentador/a) será a encargada de introducir na bolsa ou recipiente as imaxes, que irá sacando de unha en unha ou tamén se pode elixir unha “man inocente” para quitalas (en función das características e inclusión das persoas participantes). Ao mesmo tempo, cada xogador/a terá seis papeis en branco (recortados previamente) para ir tapando cada imaxe segundo o vaia indicando a persoa encargada de levar a “voz cantante”. A persoa gañadora será aquela que primeiro consiga tapar todas as imaxes do seu cartón e cantará BIIINNNGGGOOO!
Pódense realizar tantas partidas como se queira; barallaríanse os cartóns, con unha nova repartición e a Xogaarr!!!
Para acceder as fichas de bingo PREME AQUÍ
0