HISTORIA DE VIDA DENDE O CENTRO DE DÍA DE CURTIS

A reminiscencia pode entenderse como unha técnica que favorece a evocación de recordos, sucesos e vivencias do pasado dunha persoa, tratando de conectalos co momento presente. Sería unha forma de recuperación da memoria a longo prazo por medio da biografía persoal e de acontecementos históricos comúns e relevantes.

O obxectivo principal será potenciar por medio da narración e de diversos materiais (fotografías, obxectos pasados…), os recordos persoais (memoria episódica ou autobiográfica) e o coñecemento e recordo de sucesos históricos relevantes (memoria semántica). Outros procesos que se traballarán serán a atención focalizada (nun determinado suceso, obxecto, momento…), a linguaxe expresiva e comprensiva (ao narrar os sucesos), a orientación e as gnosias (ao recoñecer fotografías ou obxectos antigo, por exemplo).

Trátase de elaborar conxuntamente cun familiar e/ou coidador, un libro de vida con aqueles recordos autobiográficos máis relevantes e significativos, empregando para elo fotografías, albumes, cartas, recortes de periódico, obxectos persoais, vídeos, etc; onde se reflexen as etapas e vivencias máis importantes da vida da persoa.

Para poder realizar esta actividade dende a casa, elaborouse un documento de historia de vida estruturada por etapas vitais (infancia, adolescencia e xuventude, madurez, o presente, o día a día e gustos e afeccións), que se lle mandou a todas as familias que quixeron participar neste bonito recordo.

Para ver máis PREME AQUÍ

0
Se che gustou podes compartirlo en:

2 Respostas a “HISTORIA DE VIDA DENDE O CENTRO DE DÍA DE CURTIS”

  1. Qué formato tan bonito!! Éncántame para poder descargar para calquer membro da familia ou para mín mesma. É importante indagar sobre o que vivimos, o que nos gusta actualmente e tamén o que nos gustaría que os demáis tiveran en conta sobre nós, como as nosas manías máis importantes. 🙂

  2. O formato é moi lindo…!!
    A historia de vida considero como documento de gran axuda para traballar xunto ca persoa ó seu ingreso.Son importantes os certificados médicos, dietas, patoloxías,e penso que tan importante é que a persoa reciba un trato cercano na súa lingua de referencia,nos dirixamos a el/la polo seu nome de pila se así o refire respetando os seus ritmos e preferencias mantendo a súa dignidade.
    UN SAÚDO A TODOS OS PROFESIONAIS DO CENTRO DE CURTIS.