UN CENTRO DE PELÍCULA DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE

No 8º aniversario do centro de día de Begonte, celebraron a I Gala do Cine Chairego recreando unha sala nas instalacións (grazas ao préstamo por parte do Concello dun proxector e unha pantalla xigante).

Alí visionaron diferentes esceas de éxitos da historia do cine protagonizadas polas persoas usuarias voluntarias.

Presenciaron esta gala as persoas traballadoras e asistentes ao centro de día, e tamén invitados/as da comunidade próxima que non dudaron en deixar constancia da súa presenza no photocall instalado para a ocasión.

En total, retransmitíronse 12 esceas de películas (versión chairega) divididas por categorías e ao finalizar houbo entrega de premios para os finalistas:

ACCIÓN: “Rocky Vai Boa”

ROMÁNTICA: “O que o vento arrolou”

TERROR: “Micosis”

DOUS ROMBOS: “A tentación vive á beira do río Ladra”

WESTERN/HOMES DUROS: “O bo, o feo e o malo”

Aquí vos deixamos unha das cortometraxes realizadas. Adiviñade a qué categoría pertence.

Se vos gustou nos olvidedes deixar comentarios solicitando aquel título que vos xenera curiosidade.

https://www.youtube.com/watch?v=0G1G7Ue2AL0
0
Se che gustou podes compartirlo en:

11 Respostas a “UN CENTRO DE PELÍCULA DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE”

  1. Grande actuación en “O que o vento arrolou”! Parabéns á actriz <3

    Quédame a curiosidade de explorar no xénero do terror con "Micosis"!

  2. Eu como membro do equipo de traballo do Centro de día de Begonte estou super super orgullosa dos artistas que temos no centro!!! Bravo por todo o traballo e esforzo realizado en cada centro coas persoas usuarias para que sexan protagonistas da súa historia de vida.

  3. ¡Moi boa actuación!👏👏 parabéns para a artista, e tamén a todo ese equipo que está detrás porque facedes un traballo estupendo, moitas grazas.
    Gustariame ver tamén “O bo, o feo e o malo”.😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*