Esta actividade vai dirixida ó público xeral, para traballar a memoria, a atención, o cálculo e o razoamento.
Só necesitamos unha baralla de cartas española, e presentamos 3 exercicios distintos:
- No primeiro, teremos que repartir toda a baralla en catro montóns segundo o pao ó que pertenezca : oros, copas, bastos ou espadas.
- No segundo exercicio, cando xa temos os montóns clasificados, iremos ordenando cada montón de maior a menor (empezando polo rei e acabando no as).
- Por último: escolleremos un número de cartas ( en este caso empezamos con 6, pero pódese con 4 ou con 8). Poñeremos as cartas boca arriba para poder memorizalas durante 1 minuto.
Despois dámoslles a volta, e intentamos recordar e adivinar a posición de cada unha.
¿Onde estaba o cabalo? Pois aquí..