A actividade proposta é un xogo para facer en familia. Nel poden participar coidadores, persoas sen ou con deterioro cognitivo leve ou moderado, nenos e nenas que pode haber na casa,…
OBXECTIVO
O obxetivo xeral, o máis importante da actividade, é pasar un rato divertido en familia pero hai outros obxetivos secundarios que imos traballar ao mesmo tempo:
- Favorecer a imitación e a imaxinación
- Evocar tarefas da vida cotía, das distintas profesións, deportes,…
- Mover o corpo ao facer os movementos repetidamente
- Facer un exercicio de memoria ( ao tratar de recordar a nosa profesión, os movementos que se fan nos deportes, cancións,. )
- Mellorar a espontaneidade, a deshinbinibición e pode que a risa. MATERIAL
- Non se precisa material se facemos o xogo en orde comenzando pola casilla 1 e rematando pola 12.
- Pero se queremos facer o xogo máis dinámico e competitivo podemos escribir nuns trozos de papel os números do 1 ao 12 e os doblamos. O xogo consta de doce casillas e así facemos a que nos toque no número. Para rematar sumamos os números das casillas que nos tocaron gañando o que mais puntuación teña.
COMO XOGAR:
Comenza o xogo a persoa de maior idade ou a que saque o número mais alto.
O xogo consiste en facer o que se indica na casilla (movementos, cancións, acenos,. ).
Por exemplo: Casilla “Orquestra”. Temos que recordar instrumentos musicais e facer os movementos que fan os musicos ao tocalos.
Para acceder as indicacións do xogo PREME AQUÍ
0
Paréceme entretido!! Boa idea